Mostrando entradas con la etiqueta fracaso escolar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fracaso escolar. Mostrar todas las entradas

martes, 8 de enero de 2013

Técnicas de estudio y estrategias de aprendizaje

¡Comienzan los exámenes! Quieres sacar más rendimiento al estudio?
Aquí os dejo buenos consejos para aprovechar al máximo el tiempo de estudio.
Es un artículo que escribí en la Revista Comunidade este mes.

TÉCNICAS DE ESTUDIO E ESTRATEXIAS DE APRENDIZAXE.
O coñecemento de un mesmo e mesma permite que como estudante se coñezan as distintas técnicas de estudio e cales son as máis axeitadas a cada situación para crear as propias estratexias de aprendizaxe. A aplicación destas estratexias permite sacar o máximo proveito das horas de esforzo e estudio. Aprender a estudar é similar a un adestramento físico: fai falla vontade, un bo adestrador e constancia. O obxectivo final é que o alumnado poida autorregularse e ser autónomo no seu aprendizaxe.

Atención e concentración
A atención e concentración depende de factores tanto externos como internos. Nos factores externos atopamos o lugar de estudio, o tempo, os ruídos ou molestias do exterior. Son factores fáciles de controlar. Pola contra os factores internos como as preocupacións, cansazo, nerviosismo,… poden resultar menos doados de controlar, pero non imposibles.
Algunhas estratexias para mellorar a concentración son:
1-      Tempos curtos - concentración moi alta. Identificar o alcance da concentración, o tempo que se pode adicar a unha tarefa sen perder a concentración. Este tempo  pode ir aumentando progresivamente uns minutos cada vez que se volva a ela; de maneira que irá aumentando o alcance da concentración.
2-      Cando se sinta que diminúe a concentración establécese un obxectivo limitado concreto: unha páxina máis, dous exercicios máis, etc. A vantaxe desta estratexia é que o obxectivo a cumprir é un tarefa e non un período de tempo, feito máis doado de cumprir.
3-      As caídas de concentración solen producirse cando se está a facer algo que non é o suficientemente activo ou atractivo. É importante estar alerta con respecto a ti mesmo/a e detectar os baixóns de concentración e regresar á tarefa.
4-      Unha vez que se regrese ás tarefas deben acompañarse de actividades que axuden a aumentar a actividade no estudio: subliñado, resumen, parafrasear, asociacións con imaxes, esquemas, mapas,….
Estratexias de recollida e selección da información
Toma de apuntes
O seu obxectivo é extraer as ideas máis importantes dunha exposición e sinalalas con claridade, orden e brevidade. Para elo é importante deixar marxes para anotacións, resumes ou gráficas. Utilizar unha letra clara e non abusar da abreviaturas que ás veces impiden a comprensión correcta, así como organizar visualmente as ideas con espazos, frechas, etc.

Lectura comprensiva
Trátase dunha lectura lenta, profunda, reflexiva e exhaustiva. Nalgún casos é conveniente unha segunda lectura segundo a complexidade do texto. Na lectura é importante non deixar nada sen entender, pódese consultar o dicionario ou despexar as dúbidas co profesor correspondinte. Analizar as ilustracións e gráficas serve para favorecer a comprensión.


Subliñado
É unha das técnicas máis tradicionais e coñecidas, e tamén das máis efectivas. Cinco condicións para un bo subliñado son:
-          Nunca subliñar sen ler antes o texto; será imposible saber que é o importante do escrito.
-          Non subliñar máis do 50% do texto, debe facerse unha selección segundo a importancia do contido.
-          O subliñado debe ter sentido por si mesmo, non un sentido gramatical xa que faltarán artigos e preposicións pero debe ser comprensible.
-          Utilizar un código persoal coma por exemplo:
__________________ ideas principais
----------------------------- ideas secundarias

Parafrasear nos marxes
 Consiste en escribir nos marxes o tema ou subtema do que se estea a falar en cada parágrafo cun par de palabras clave que axuden a recordar o resto da información. Esta técnica combina selección, comprensión e subliñado; mediante a apropiación do texto coas nosas palabras préstase atención ao máis importante.
Conectar partes do texto
Mediante liñas, cadros, círculos relacionar as palabras máis importantes do texto, las que dean a clave do contido do mesmo.


(....)

martes, 6 de noviembre de 2012

Como axudar os nosos fillos e fillas nos estudios


Os dejo el artículo completo que he escrito para la revista COMUNIDADE publicado este mes de Noviembre.
https://sites.google.com/site/almacenderevistas/revistas/N08.pdf?attredirects=0&d=1

¿CÓMO AXUDAR AOS NOSOS/AS FILLOS/AS NOS ESTUDIOS?


Un dos problemas máis graves cos que se enfrontan os pais e nais de hoxe é o fracaso escolar dos seus fillos e fillas. Este problema non só pode influír na felicidade do/a fillo/a, na súa autoestima e no seu futuro, senón que tamén pode alterar o clima familiar. Os pais e as nais poden intervir de forma positiva no éxito escolar; recentes estudios mostran que a diferenza máis importante entre o éxito e o fracaso escolar recae na axuda e motivación recibida en casa por parte dos seus proxenitores.
Resulta case imposible poñerlles freos aos nenos e nenas con motivación, sentido da responsabilidade e capacidade de esforzo pois sairán ben parados na maioría das tarefas que acometan. A responsabilidade consiste na capacidade de tomar decisións dunha forma independente. É dicir, no caso dos fillos e fillas é o funcionamento no que xa non precisan os/as adultos/as para que lles digan en todo momento o que teñen que facer. Cun alto nivel de responsabilidade terán moitas máis posibilidades de render na escola. Os nenos e nenas aos que se lles ensina a ser responsables na casa, aprenden a organizar e asumi-las súas consecuencias dos seus actos. Cunha actitude positiva, unha forte motivación, unha gran vontade, ganas de esforzarse e desexo de triunfar, supéranse moitas dificultades e motivacións.

·         Organización do hábito de estudio.
A organización é un dos elementos máis importantes no estudio. O hábito acádase con constancia, co día a día.
O horario de estudio é diferente segundo a idade do/a estudante. Sempre que sexa posible, debe organizarse un horario regular de estudio, é dicir, o mesmo tempo cada día. Aínda que requira cambiarse o horario de vez en canto, debe procurarse mantelo o máximo de tempo posible. Os hábitos establécense a través da constancia e do tempo.
O plan de estudios semanal permite axustarse ás necesidades e tempo dispoñibles. É recomendable realizar catros plans: xeral, planificación global de todo o curso; mensual, planificación do previsto durante un mes; semanal, planificación prevista durante a semana; e diario. Sempre tendo en conta que o descanso contribúe un maior aproveitamento e rendemento escolar.
Dispoñer dun lugar axeitado e tranquilo é un factor importantísimo xa que facilita o estudio, aumenta o rendemento e tamén faise máis agradable. Debe ser un lugar fixo e permanente, ventilado e cunha temperatura agradable. É de vital importancia controlar a postura do/a estudante, xa que co tempo as malas posturas poden carrear problemas.

·         A motivación ao estudio.
A motivación se desenrola pouco a pouco. Para desenvolvela cara os estudios, a función dos pais e nais deberá empezar por reforzar os logros dos fillos e fillas, fortalecendo a autoestima. Para conseguir motivar aos fillos/as débense usar como ferramentas a paciencia e unha comunicación afectiva. Mostrar respecto polos/as fillos/as, evitando ser excesivamente esixentes con eles/elas ou xulgalos/as continuamente.
O excesivo control ou a sobreprotección non son aliados para acadar este fin, pois non deixan que o fillo ou filla experimente e vexa as consecuencias dos seus actos. Cando os fillos/as teñen un dominio eficaz sobre os seus actos, que os entenden e valóranse capaces chegan máis fácil a automotivarse.

Recomendacións:
Identifique os comportamentos positivos e esforzos que fai o seus fillo ou filla.
Recoñeza os feitos concretos que realiza e non se perda nas xeneralidades.
Non garde os eloxios aos seus fillos/as pensando que facer as cousas ben é o seu deber.



Un aspecto fundamental para estimular a motivación do seu fillo/a é fortalecer a autoestima, pois se ten un bo concepto de si mesmo/a aceptará os retos da vida. Un ambiente familiar que respecte ao fillo/a como individuo que comprenda as súas necesidades e que lle rodee dun amor cálido e compresivo é o mellor sistema para acadar éxito académico e como persoa. Si o/a fillo/a sabe que os seus pais confían nel, el/ela tamén confiará en si mesmo/a.

Para fomentar a autoestima:
Comunique os/as fillos/as que disfruta da súa compañía.
Evitar comparacións entre irmáns  ou irmás, amigos/as.
Ante os erros : axuda e ánimos con mensaxes gratificantes.
Trato sincero, aceptando, respectando e con cariño desinteresado.