jueves, 5 de septiembre de 2013

O DEPORTE NOS NENOS E NENAS CON PROBLEMAS DE CONDUCTA.



É un feito común que na asistencia psicolóxica con nenos e nena, moitos pais e nais pregunten ata que punto é adecuado ou desaconsellable a práctica dunha determinada actividade deportiva ou recreativa para o seu fillo/a, ben porque padece algunha dificultade emocional ou ben porque ten dificultades en controlar os seus impulsos ou ten problemas na súa socialización.

O xogo, especialmente entre os nenos e nenas, refírese a calquera actividade física que sexa divertida e implique participación. Polo xeral, carece de estrutura e non está dirixido por un adulto, sendo fundamental para o desenvolvemento físico, emocional e social do neno. Os xogos quedan encadrados baixo unhas características xerais propiciadas polo desenvolvemento evolutivo do neno. O deporte definímolo como unha actividade de tipo físico, regulamentada e codificada, implica regras ou costumes e, a miúdo, competencia. A recreación é máis organizada que o xogo, e case sempre consiste en pasatempos activos dende o punto de vista físico.

Pártese da premisa de que o deporte, formulado dende un deseño pedagóxico axeitado, resulta xerador de valores sociais e persoais moi positivos. A súa práctica grupal e individual contribúe á formación integral da persoa.

Pódese afirmar que o deporte é educación, xa que ten asociados uns valores que son esenciais na formación da personalidade e de lles habilidades sociais, como son, tolerancia, solidariedade, esforzo, sacrificio, respecto aos outros e ás normas, espírito de equipo, xogo limpo, compromiso, forza de vontade, autoestima, perseveranza e, como linguaxe universal, é unha fonte de coñecemento.

Son coñecidos os beneficios, a nivel emocional, da práctica do deporte en nenos e adolescentes:
1. Axuda á súa socialización
2. Ensina a seguir regras
3. Axuda a superar a timidez
4. Frea os impulsos excesivos
5. Fai máis colaborador e menos individual
6. Fai recoñecer e respectar que existe ou pode existir alguén que sabe máis
7. Ensina a ter responsabilidades

Os nenos e nenas gozan do deporte polas recompensas intrínsecas que proporciona: pracer e diversión, aceptación polos compañeiros, a excitación da competición, a experiencia dos elementos que compoñen o xogo e a sensación de benestar.
As recompensas extrínsecas, como os trofeos, son moi secundarias á satisfacción que reciben os nenos e nenas pola súa participación con outros nenos e nenas na situación de xogo
Pero tamén é certo que a práctica deportiva, tanto nos seus adestramentos coma en competición, pode ser o escenario onde se expresen, de distinto xeito, os problemas e dificultades do neno ou nena, e este é un elemento de suma importancia a ter en conta para poder individualizar as indicacións dunha práctica deportiva axeitada.
 
Se crea o hábito da práctica deportiva dende a infancia temperá, pode que se aforren problemas cando o neno/a ingrese na adolescencia. O deporte axuda aos nenos e nenas a desenvolverse física e mentalmente, a estar sans e a relacionarse dunha forma saudable con outros e outras. Estar en forma é estar sans. E esta é unha regra xeral.
Do mesmo modo que os adultos, os nenos deben encontrar e practicar un deporte que lles guste. Ao principio pode custar iniciar e seguir o ritmo, pero se o neno/a conta co apoio, a determinación e a seguridade dos pais, todo camiñará.

Non se pode esquecer que os máis pequenos deben facer exercicio que lles divirta á vez. Desta forma, notarase un aumento na súa autoestima e a perda dalgún medo que poida existir. O deporte axudará a ter máis confianza nun mesmo e a relacionarse mellor cos demais

Máis información: http://faros.hsjdbcn.org/

No hay comentarios:

Publicar un comentario