Mostrando entradas con la etiqueta mejorar el estudio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mejorar el estudio. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de septiembre de 2013

O DEPORTE NOS NENOS E NENAS CON PROBLEMAS DE CONDUCTA.



É un feito común que na asistencia psicolóxica con nenos e nena, moitos pais e nais pregunten ata que punto é adecuado ou desaconsellable a práctica dunha determinada actividade deportiva ou recreativa para o seu fillo/a, ben porque padece algunha dificultade emocional ou ben porque ten dificultades en controlar os seus impulsos ou ten problemas na súa socialización.

O xogo, especialmente entre os nenos e nenas, refírese a calquera actividade física que sexa divertida e implique participación. Polo xeral, carece de estrutura e non está dirixido por un adulto, sendo fundamental para o desenvolvemento físico, emocional e social do neno. Os xogos quedan encadrados baixo unhas características xerais propiciadas polo desenvolvemento evolutivo do neno. O deporte definímolo como unha actividade de tipo físico, regulamentada e codificada, implica regras ou costumes e, a miúdo, competencia. A recreación é máis organizada que o xogo, e case sempre consiste en pasatempos activos dende o punto de vista físico.

Pártese da premisa de que o deporte, formulado dende un deseño pedagóxico axeitado, resulta xerador de valores sociais e persoais moi positivos. A súa práctica grupal e individual contribúe á formación integral da persoa.

Pódese afirmar que o deporte é educación, xa que ten asociados uns valores que son esenciais na formación da personalidade e de lles habilidades sociais, como son, tolerancia, solidariedade, esforzo, sacrificio, respecto aos outros e ás normas, espírito de equipo, xogo limpo, compromiso, forza de vontade, autoestima, perseveranza e, como linguaxe universal, é unha fonte de coñecemento.

Son coñecidos os beneficios, a nivel emocional, da práctica do deporte en nenos e adolescentes:
1. Axuda á súa socialización
2. Ensina a seguir regras
3. Axuda a superar a timidez
4. Frea os impulsos excesivos
5. Fai máis colaborador e menos individual
6. Fai recoñecer e respectar que existe ou pode existir alguén que sabe máis
7. Ensina a ter responsabilidades

Os nenos e nenas gozan do deporte polas recompensas intrínsecas que proporciona: pracer e diversión, aceptación polos compañeiros, a excitación da competición, a experiencia dos elementos que compoñen o xogo e a sensación de benestar.
As recompensas extrínsecas, como os trofeos, son moi secundarias á satisfacción que reciben os nenos e nenas pola súa participación con outros nenos e nenas na situación de xogo
Pero tamén é certo que a práctica deportiva, tanto nos seus adestramentos coma en competición, pode ser o escenario onde se expresen, de distinto xeito, os problemas e dificultades do neno ou nena, e este é un elemento de suma importancia a ter en conta para poder individualizar as indicacións dunha práctica deportiva axeitada.
 
Se crea o hábito da práctica deportiva dende a infancia temperá, pode que se aforren problemas cando o neno/a ingrese na adolescencia. O deporte axuda aos nenos e nenas a desenvolverse física e mentalmente, a estar sans e a relacionarse dunha forma saudable con outros e outras. Estar en forma é estar sans. E esta é unha regra xeral.
Do mesmo modo que os adultos, os nenos deben encontrar e practicar un deporte que lles guste. Ao principio pode custar iniciar e seguir o ritmo, pero se o neno/a conta co apoio, a determinación e a seguridade dos pais, todo camiñará.

Non se pode esquecer que os máis pequenos deben facer exercicio que lles divirta á vez. Desta forma, notarase un aumento na súa autoestima e a perda dalgún medo que poida existir. O deporte axudará a ter máis confianza nun mesmo e a relacionarse mellor cos demais

Máis información: http://faros.hsjdbcn.org/

martes, 8 de enero de 2013

Técnicas de estudio y estrategias de aprendizaje

¡Comienzan los exámenes! Quieres sacar más rendimiento al estudio?
Aquí os dejo buenos consejos para aprovechar al máximo el tiempo de estudio.
Es un artículo que escribí en la Revista Comunidade este mes.

TÉCNICAS DE ESTUDIO E ESTRATEXIAS DE APRENDIZAXE.
O coñecemento de un mesmo e mesma permite que como estudante se coñezan as distintas técnicas de estudio e cales son as máis axeitadas a cada situación para crear as propias estratexias de aprendizaxe. A aplicación destas estratexias permite sacar o máximo proveito das horas de esforzo e estudio. Aprender a estudar é similar a un adestramento físico: fai falla vontade, un bo adestrador e constancia. O obxectivo final é que o alumnado poida autorregularse e ser autónomo no seu aprendizaxe.

Atención e concentración
A atención e concentración depende de factores tanto externos como internos. Nos factores externos atopamos o lugar de estudio, o tempo, os ruídos ou molestias do exterior. Son factores fáciles de controlar. Pola contra os factores internos como as preocupacións, cansazo, nerviosismo,… poden resultar menos doados de controlar, pero non imposibles.
Algunhas estratexias para mellorar a concentración son:
1-      Tempos curtos - concentración moi alta. Identificar o alcance da concentración, o tempo que se pode adicar a unha tarefa sen perder a concentración. Este tempo  pode ir aumentando progresivamente uns minutos cada vez que se volva a ela; de maneira que irá aumentando o alcance da concentración.
2-      Cando se sinta que diminúe a concentración establécese un obxectivo limitado concreto: unha páxina máis, dous exercicios máis, etc. A vantaxe desta estratexia é que o obxectivo a cumprir é un tarefa e non un período de tempo, feito máis doado de cumprir.
3-      As caídas de concentración solen producirse cando se está a facer algo que non é o suficientemente activo ou atractivo. É importante estar alerta con respecto a ti mesmo/a e detectar os baixóns de concentración e regresar á tarefa.
4-      Unha vez que se regrese ás tarefas deben acompañarse de actividades que axuden a aumentar a actividade no estudio: subliñado, resumen, parafrasear, asociacións con imaxes, esquemas, mapas,….
Estratexias de recollida e selección da información
Toma de apuntes
O seu obxectivo é extraer as ideas máis importantes dunha exposición e sinalalas con claridade, orden e brevidade. Para elo é importante deixar marxes para anotacións, resumes ou gráficas. Utilizar unha letra clara e non abusar da abreviaturas que ás veces impiden a comprensión correcta, así como organizar visualmente as ideas con espazos, frechas, etc.

Lectura comprensiva
Trátase dunha lectura lenta, profunda, reflexiva e exhaustiva. Nalgún casos é conveniente unha segunda lectura segundo a complexidade do texto. Na lectura é importante non deixar nada sen entender, pódese consultar o dicionario ou despexar as dúbidas co profesor correspondinte. Analizar as ilustracións e gráficas serve para favorecer a comprensión.


Subliñado
É unha das técnicas máis tradicionais e coñecidas, e tamén das máis efectivas. Cinco condicións para un bo subliñado son:
-          Nunca subliñar sen ler antes o texto; será imposible saber que é o importante do escrito.
-          Non subliñar máis do 50% do texto, debe facerse unha selección segundo a importancia do contido.
-          O subliñado debe ter sentido por si mesmo, non un sentido gramatical xa que faltarán artigos e preposicións pero debe ser comprensible.
-          Utilizar un código persoal coma por exemplo:
__________________ ideas principais
----------------------------- ideas secundarias

Parafrasear nos marxes
 Consiste en escribir nos marxes o tema ou subtema do que se estea a falar en cada parágrafo cun par de palabras clave que axuden a recordar o resto da información. Esta técnica combina selección, comprensión e subliñado; mediante a apropiación do texto coas nosas palabras préstase atención ao máis importante.
Conectar partes do texto
Mediante liñas, cadros, círculos relacionar as palabras máis importantes do texto, las que dean a clave do contido do mesmo.


(....)