¡Comienzan los exámenes! Quieres sacar más rendimiento al estudio?
Aquí os dejo buenos consejos para aprovechar al máximo el tiempo de estudio.
Es un artículo que escribí en la Revista Comunidade este mes.
TÉCNICAS DE ESTUDIO E ESTRATEXIAS DE
APRENDIZAXE.
O coñecemento de
un mesmo e mesma permite que como estudante se coñezan as distintas técnicas de
estudio e cales son as máis axeitadas a cada situación para crear as propias
estratexias de aprendizaxe. A aplicación destas estratexias permite sacar o
máximo proveito das horas de esforzo e estudio. Aprender a estudar é similar a
un adestramento físico: fai falla vontade, un bo adestrador e constancia. O
obxectivo final é que o alumnado poida autorregularse e ser autónomo no seu
aprendizaxe.
Atención
e concentración
A atención e
concentración depende de factores tanto externos como internos. Nos factores
externos atopamos o lugar de estudio, o tempo, os ruídos ou molestias do
exterior. Son factores fáciles de controlar. Pola contra os factores internos
como as preocupacións, cansazo, nerviosismo,… poden resultar menos doados de
controlar, pero non imposibles.
Algunhas
estratexias para mellorar a concentración son:
1-
Tempos curtos - concentración moi alta.
Identificar o alcance da concentración, o tempo que se pode adicar a unha
tarefa sen perder a concentración. Este tempo
pode ir aumentando progresivamente uns minutos cada vez que se volva a
ela; de maneira que irá aumentando o alcance da concentración.
2-
Cando se sinta que diminúe a concentración
establécese un obxectivo limitado concreto: unha páxina máis, dous exercicios
máis, etc. A vantaxe desta estratexia é que o obxectivo a cumprir é un tarefa e
non un período de tempo, feito máis doado de cumprir.
3-
As caídas de concentración solen
producirse cando se está a facer algo que non é o suficientemente activo ou
atractivo. É importante estar alerta con respecto a ti mesmo/a e detectar os
baixóns de concentración e regresar á tarefa.
4-
Unha vez que se regrese ás tarefas deben
acompañarse de actividades que axuden a aumentar a actividade no estudio:
subliñado, resumen, parafrasear, asociacións con imaxes, esquemas, mapas,….
Estratexias de recollida
e selección da información
Toma de apuntes
O seu obxectivo é extraer
as ideas máis importantes dunha exposición e sinalalas con claridade, orden e brevidade.
Para elo é importante deixar marxes para anotacións, resumes ou gráficas.
Utilizar unha letra clara e non abusar da abreviaturas que ás veces impiden a
comprensión correcta, así como organizar visualmente as ideas con espazos,
frechas, etc.
Lectura comprensiva
Trátase dunha lectura
lenta, profunda, reflexiva e exhaustiva. Nalgún casos é conveniente unha
segunda lectura segundo a complexidade do texto. Na lectura é importante non
deixar nada sen entender, pódese consultar o dicionario ou despexar as dúbidas co
profesor correspondinte. Analizar as ilustracións e gráficas serve para
favorecer a comprensión.
Subliñado
É unha das técnicas máis
tradicionais e coñecidas, e tamén das máis efectivas. Cinco condicións para un
bo subliñado son:
-
Nunca subliñar sen ler antes o texto; será imposible
saber que é o importante do escrito.
-
Non subliñar máis do 50% do texto, debe facerse unha
selección segundo a importancia do contido.
-
O subliñado debe ter sentido por si mesmo, non un sentido
gramatical xa que faltarán artigos e preposicións pero debe ser comprensible.
-
Utilizar un código persoal coma por exemplo:
__________________ ideas principais
----------------------------- ideas secundarias
Parafrasear nos marxes
Consiste en escribir nos
marxes o tema ou subtema do que se estea a falar en cada parágrafo cun par de
palabras clave que axuden a recordar o resto da información. Esta técnica
combina selección, comprensión e subliñado; mediante a apropiación do texto
coas nosas palabras préstase atención ao máis importante.
Conectar partes do texto
Mediante liñas, cadros,
círculos relacionar as palabras máis importantes do texto, las que dean a clave
do contido do mesmo.
(....)
No hay comentarios:
Publicar un comentario